Área de Usuarios
Portada > Transparencia > A Organización Colexial

Transparencia

A Organización Colexial

 

QUÉ É UN COLEXIO PROFESIONAL


Un colexio profesional é unha corporación de dereito público, que pola súa natureza exerce funcións público-privadas. Ao seren constituídos como tal, os colexios profesionais sitúanse entre a Administración, as persoas colexiadas e as persoas consumidoras e usuarias.

Os colexios profesionais son institucións recoñecidas pola Constitución española (art.36) diferentes en natureza e funcións a todas as demais. Por tanto, non son nin asociacións (art. 22), nin sindicatos (art. 28), nin asociacións empresariais (art. 7), nin fundacións (art. 34), nin organizacións profesionais (art. 52). Son corporacións de dereito público cunhas funcións moi específicas e necesarias no seu papel de entidades de vertebración social.

A Constitución española, no artigo 149.1.18, reserva ao Estado a competencia sobre as bases do réxime xurídico das administracións públicas e, no artigo 36, prevé que a lei regulará as peculiaridades propias do réxime xurídico dos colexios profesionais. A lexislación básica nesta materia, dictada polo Estado, atópase recollida na Lei 2/1974, do 13 de febreiro, sobre colexios profesionais, coas súas modificacións posteriores.

Son fins esenciais das corporacións colexiais: 1) a ordenación do exercicio das profesións, 2) a representación institucional exclusiva das profesións cando esteas suxeitas a colexiación obrigatoria, 3) a defensa dos intereses profesionais das persoas coelxiadas e 4) a protección dos intereses das persoas consumidoras e usuarias dos servicios das persoas colexiadas.

ORGANISMOS REITORES
Os organismos reitores da profesión da Educación Física e Deportiva, aos que lles corresponde a ordenación do exercicio da profesión nos seus ámbitos respectivos, son o Consello Xeral da Educación Física e Deportiva e os Colexios Oficiais de Educadores/ as Físico Deportivos/ as de España.
 
PERSONALIDADE E NATUREZA XURÍDICA DAS ENTIDADES QUE A COMPOÑEN
Os Colexios Oficiais de Educadores/ as Físico Deportivos/ s de España son corporacións de Dereito Público, amparados pola Lei e recoñecidas polo Estado e polas Comunidades Autónomas respectivas, con personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar para o cumprimento dos seus fins.
 
RÉXIME XURÍDICO DOS ACORDOS SOMETIDOS A DEREITO ADMINISTRATIVO E A SÚA MPUGNACIÓN
Os actos emanados do Consello Xeral, en canto estean suxeitos ao dereito Administrativo, esgotan a vía administrativa e son recurribles ante a xurisdición Contencioso-Administrativo nos termos da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da Xurisdicción Contencioso-administrativa. A invalidez dos actos colexiais sometidos a Dereito Administrativo rexeranse polo establecido no procedemento administrativo común e, en concreto, polo disposto na 39/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público. Os Colexios Oficiais e o Consello Xeral poderán impugnar os actos e disposicións doutras Administracións ou da organización colexial nos termos e coa ligazón prevista no procedemento común e na Lei 29/1998, de 13 de xulio, reguladora da Xurisdicción Contencioso-administrativa.

Newsletter

Suscríbete para estar al día de todas nuestras novedades

Deseo recibir también las novedades del Consejo COLEF y acepto sus términos y condiciones de la Política de Privacidad.
He leído y acepto los términos y condiciones de uso recogidas en la Política de Privacidad
COLEF GALICIA
Edif. FEUGA.Despacho 20.Lope Gómez de Marzoa s/n
15705 - Santiago de Compostela (A CORUÑA)
698 17 73 05
colef@colefgalicia.com
http://www.colefgalicia.com
Horario de atención al colegiado

INVERNO: De luns a venres de 09:00h a 15:00h. VERÁN (Do 1 de Xuño a 30 de Setembro): Luns a xoves de 09:00h a 14:30h. Venres de 09:00h a 14:00 h

Contacta y síguenos por redes sociales
Diseño y Desarrollo web Im3diA comunicación

Bienvenida/o a la información básica sobre las cookies de la página web responsabilidad de la entidad: Consejo COLEF.

Una cookie o galleta informática es un pequeño archivo de información que se guarda en tu ordenador, “smartphone” o tableta cada vez que visitas nuestra página web. Algunas cookies son nuestras y otras pertenecen a empresas externas que prestan servicios para nuestra página web.

Las cookies pueden ser de varios tipos: las cookies técnicas son necesarias para que nuestra página web pueda funcionar, no necesitan de tu autorización y son las únicas que tenemos activadas por defecto.

El resto de cookies sirven para mejorar nuestra página, para personalizarla en base a tus preferencias, o para poder mostrarte publicidad ajustada a tus búsquedas, gustos e intereses personales. Puedes aceptar todas estas cookies pulsando el botón ACEPTA TODO o configurarlas o rechazar su uso clicando en el apartado CONFIGURACIÓN DE COOKIES.

Si quires más información, consulta la “POLITICA COOKIES” de nuestra página web.

Aceptar Rechazar Configuración