A organización de traballo do COLEF GALICIA, tanto a nivel político como técnico, responde a criterios de efectividade e eficiencia e de atención aos servizos que o COLEF GALICIA aos/ as Educadores/ as Físico Deportivos/ as e ás persoas consumidoras, usuarias, alumnado ou deportistas.
XUNTA DIRECTIVA
A Xunta Directiva do COLEF GALICIA ten como funcións a dirección, xestión e administración dentro do Colexio Oficial. Desenvolve e executa acordos adoptados pola Asemblea Xeral, tramita os asuntos administrativos e de xestión diaria do COLEF GALICIA e encárgase da organización administrativa e da dirección dos órganos internos de xestión do mesmo e do Persoal.
MEMBROS:
- Henrique Xoán Rodríguez Pantín. Presidente. Colexiado nº 7.370. Ámbito: Docencia Educación Física
- Dan Río Rodríguez. Vicepresidente. Colexiado nº 52.901. Ámbito: Adestramento Deportivo
- Alexandre Fernández Fernández. Secretario. Colexiado nº 10.176. Ámbito: Dirección e Xestión Deportiva
- Enrique Fraga Germade. Vicesecretario. Colexiado nº 10.346. Ámbito: Adestramento Deportivo e Xestión Deportiva
- Xoana Roig Regueira. Tesoureira. Colexiada nº 56.070. Ámbitos: Adestramento Deportivo e Xestión Deportiva
- Lucía Noya Casas. Vogal. Colexiada nº 63.457. Ámbito: Actividade Física para a Saúde
- Daniel Peral López. Vogal. Colexiado nº 60.789. Ámbitos: destramento e Docencia Educación Física
- Vicente Gambau i Pinasa. Vogal. Colexiado nº 8.916. Ámbito: Docencia Educación Física Universitaria.
*Preme aquí para +información
MEMBROS PLENARIOS
O Pleno do Consejo COLEF é o órgano supremo de dirección e ordenación da actividade do Consello Xeral. Exerce as competencias que lle atribúe a normativa en vigor e, especificamente, as previstas no artigo 6 da Lei 2/1974, sobre Colexios Profesionais e as que se conteñen nos Estatutos Xerais da Educación Física e Deportiva. O Pleno do Consello Xeral componse das presidencias das Xuntas de Goberno dos Colexios Oficiais. Así mesmo, e en representación de cada un dos Colexios Oficiais, noméase unha vogalía por cada 500 persoas colexiadas ou fracción de dicha suma. Estas vogalías haberán de ser obrigatoriamente membros da súa Xunta de Goberno respectiva.
RELACIÓN DE MEMBROS PLENARIOS
Listado de membros do Pleno Xeral do Consejo COLEF representantes do COLEF GALICIA:
EQUIPO PROFESIONAL